jueves, 2 de abril de 2020



Brian May, guitarrista de Queen, publica un vídeo con un músico palentino

Brian May , dando clase en Instagram dende a   súa  casa.


O guitarrista de Queen, Brian May, publicou nas súas redes sociais un vídeo tocando co músico palentino Daniel Acebes, «O Chelista», que se gravou interpretando unha canción da mítica banda co seu violoncelo sobre a guitarra do británico e que en só dúas horas foi visto por 100.000 persoas.

O pasado martes, concienciado con aportar o seu traballo na loita para frear o coronavirus, o guitarrista gravou un vídeo tutorial desde a súa casa explicando como tocar a canción «Keep Yourself Alive», de Queen, no que ademais pedía a colaboración doutros músicos do mundo. Dous días despois, Daniel Acebes, desde o seu domicilio editou o vídeo de Brian May engadindo dous grabaciones súas, co violoncelo, nas que interpretaba dúas novas voces sobre a coñecida canción e interactuaba cos comentarios do músico.

Brian May comparteu o vídeo na súa conta de Instagram, que conta con 2,3 millóns de seguidores, e foi visto en só dúas horas por 100.000 persoas. No mesmo pedía aos seus seguidores que buscasen ao mozo músico palentino afirmando en inglés que lle estaba «encantando·. «Un novo espírito está emergiendo, necesito saber quen o gravou, ¡por favor!», rogaba.

Para todos os  que tedes guitarras nas casas, xa sabedes que Brian May ensina en Instagram a tocar cancións  de Queen. 

Velaí o video de Brian e Daniel Acebes  tocando xuntos.

PREME PARA VER O VÍDEO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A voz humana, un instrumento extraordinario. PREME AQUÍ;para escoitar a prodixiosa vos de DIMASH KUDAIBERGEN, que abrangue a tes...