lunes, 30 de marzo de 2020


Este sábado 28 de marzo celebrouse

"O Día Mundial do piano" 


O día 88 do  ano celébrase O Día internacional do piano, en honor á 88 teclas do instrumento. Foi instituido polo músico Nils Frahm no 2015 para celebrar a intérpretes, compositores, afinadores, transportadores e ointes deste marabilloso instrumento.
Destacados pianistas coma Maria João Pires, Vikingur Olafsson, Joep Beving, Jan Lisiecki e as irmáns  Katia y Mariele Labèque celebraron O Día Mundial del Piano o pasado sábado ofrecendo pequeños recitales dende su casa.


PREME PARA VER O VÍDEO


O Piano é un coñecido instrumento de corda percutida composto basicamente por unha caixa de resonancia, á que se agregou un teclado que percute numerosas cordas de aceiro con macillos forrados de fieltro e que producen o especial son.

No século XVIII apareceu o pianoforte, para nós, piano. Foi creado cara a 1709 por Bartolome Cristofori, en Florencia, tendo unha gran repercusión no campo musical.
Indiscutiblemente o Piano é o rei dos instrumentos, porque grazas ao seu deseño amplo permite ao músico poñer ambas mans sobre o teclado e así facer soar 10 notas musicais, polo simple feito de ter os 10 dedos da man no teclado, e aínda por riba, ao apoiar as mans enteiras sobre o teclado xérase máis notas musicais.

O piano componse fundamentalmente dun teclado de mecanismo de transmisión e percusión e dun sistema de cordas metálicas tensadas sobre un marco, de forma parecida a un arpa, pero que se atopa situado nunha caixa de resoancia. Ao ser pulsada unha tecla actúa a modo de palanca que move o mecanismo lanzando o martinete contra unha corda que produce o son. Cando as cordas e a caixa están de pé, o PIANO denomínase vertical e cando se atopan en posición horizontal chámaselle de cola.


No seguinte vídeo poder ver como funciona este  increible  instrumento.

COMO FUNCIONA O PIANO
                                    

Son moitos  e moitas os fantásticos pianistas os que temos hoxe en día , e que non daríamos citado, pero un dos mellores é sen dúbida Lang Lang


LANG LANG

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A voz humana, un instrumento extraordinario. PREME AQUÍ;para escoitar a prodixiosa vos de DIMASH KUDAIBERGEN, que abrangue a tes...