Dende A LUZ DA MÚSICA achegámonos á historia da ópera, que nos fascina, conmove, divirte, a través de sensacións que alimentan os nosos sentidos.
A ópera naceu a
finais do século XVI en Italia. Débese a un grupo de intelectuais e músicos
florentinos, coñecidos como a Camerata fiorentina, todos en torno ao conde
Giovanni Bardi (1534-1612), fascináballes todo o que proviña da antiga Grecia,
e mantiñan unha firme oposición cara ao que eles denominaban excesos da música
polifónica renacentista. Este grupo o que pretendía era revivir o que se cría
que era a simplicidade da traxedia antiga. Estas traxedias gregas, tiñan unha
unidade de texto, canto e movemento. Viñan dunha celebración relixiosa que se
dedicaba a Dionisio. Os traballos da Camerata influíron na estética da ópera
que se compuxo con posterioridade.
A ópera ofreceunos ao longo da historia
infinidade de xéneros operísticos, e no século XXI segue ofrecendo gran
variedade de ofertas, coas óperas que xa coñecemos, e con outras que se están redescubrindo
e novas propostas.
Disfrutade da marabillosa Aria da Raíña da Noite
PREME PARA VER O VÍDEO
A Raíña da Noite, é unha das personaxes da Frauta Máxica, a última ópera escrita por Wolfgang Amadeus Mozart. A Raiña da noite é a nai da protagonista, Pamina. Esta personaxe só ten dúas intervencións na ópera. Na primeira das súas arias mostra unha falsa aparencia de nai amante e ultraxada, mais na segunda amosa o seu carácter real, ameazando a Pamina con repudiala se non asasina a Sarastro aproveitando a confianza que el ten nela.
O papel, que require dunha soprano coloratura, presenta unha gran dificultade polo rexistro vocal que presenta (dun re4 a un fa6),e pola gran cantidade de notas picadas e pola variada gama dinámica que esixe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario