Abraham Cupeiro abraiounos a tod@s @s no 2018 no IESde becerreá facendo resoar instrumentos de vento de todas as etapas da historia da música
O músico e profesor sarriá Abraham Cupeiro abraiounos no centro, fai case dous anos cando acudíu ao noso instituto para facer á súa demostración musical chamada "Resoando no pasado", realizada tanxendo instrumentos de vento que forman parte de distintas etapas da historia da humanidade, viaxando no tempo a través dos seus sons.
Con moitos dos instrumentos construídos por el mesmo, con gran dominio da técnica musical, pero tamén con bo humor e moi boa capacidade para comunicar co auditorio, a súa actuación resultounos moi didáctica, amena e diríamos que ata curta. Poderiamos estar alí por máis tempo escoitando e vendo a este profesor do Conservatorio da Coruña dar vida a instrumentos que, nalgúns casos, parecen froito da fantasía máis que instrumentos aos que se lles pode facer soar de xeito harmónico. Non te perdas ningún dos catro vídeos ( ordeados de dereita a esquerda), que recollen a súa demostración, porque é unha experiencia inigualable que non che resultará indiferente.
Abraham Cupeiro. |
Abraham Cueiro é profesor superior de trompeta do CSMUS da Coruña, constructor e multiinstrumentista.
O que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e a utilizalos para crear novas sonoridades.
Estudou trompeta no RCSMM, e logo realizu un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.
Con todo, aínda que a súa formación é clásica, sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas. Así, dende temprana idade formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga...
Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Carnyx (trompeta celta da Idade de Ferro). Recientemente foi invitado para probar o Carnyx de Tintignac, que é o único que apareceu enteiro no ano 2004. É ademais impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega: a corna, instrumento que o seu abó tocaba e que aparece nas Iluminacións de Alfonso X. O seu interés pola organoloxía, levouno a conseguir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo, e de distintas épocas. É unha colección que enseña a modo de concerto-monólogo, baixo o nome de Resoando no Pasado. Abraham recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con elles dende a súa música ata música de hoxe en día. Estas mezclas pódense ver no seu traballo Compromiscuo, co acordeonista Bielorruso Vadzim Yukhnevich , así como en obras escritas ex profeso para él como o Concerto Misterio de Wladimir Rosinsky xunto coa Orquesta Sinfónica de Galicia. Os Sons Esquecidos éo seu último proxecto grabado coa Filharmonía de Galicia.