lunes, 30 de marzo de 2020


Este sábado 28 de marzo celebrouse

"O Día Mundial do piano" 


O día 88 do  ano celébrase O Día internacional do piano, en honor á 88 teclas do instrumento. Foi instituido polo músico Nils Frahm no 2015 para celebrar a intérpretes, compositores, afinadores, transportadores e ointes deste marabilloso instrumento.
Destacados pianistas coma Maria João Pires, Vikingur Olafsson, Joep Beving, Jan Lisiecki e as irmáns  Katia y Mariele Labèque celebraron O Día Mundial del Piano o pasado sábado ofrecendo pequeños recitales dende su casa.


PREME PARA VER O VÍDEO


O Piano é un coñecido instrumento de corda percutida composto basicamente por unha caixa de resonancia, á que se agregou un teclado que percute numerosas cordas de aceiro con macillos forrados de fieltro e que producen o especial son.

No século XVIII apareceu o pianoforte, para nós, piano. Foi creado cara a 1709 por Bartolome Cristofori, en Florencia, tendo unha gran repercusión no campo musical.
Indiscutiblemente o Piano é o rei dos instrumentos, porque grazas ao seu deseño amplo permite ao músico poñer ambas mans sobre o teclado e así facer soar 10 notas musicais, polo simple feito de ter os 10 dedos da man no teclado, e aínda por riba, ao apoiar as mans enteiras sobre o teclado xérase máis notas musicais.

O piano componse fundamentalmente dun teclado de mecanismo de transmisión e percusión e dun sistema de cordas metálicas tensadas sobre un marco, de forma parecida a un arpa, pero que se atopa situado nunha caixa de resoancia. Ao ser pulsada unha tecla actúa a modo de palanca que move o mecanismo lanzando o martinete contra unha corda que produce o son. Cando as cordas e a caixa están de pé, o PIANO denomínase vertical e cando se atopan en posición horizontal chámaselle de cola.


No seguinte vídeo poder ver como funciona este  increible  instrumento.

COMO FUNCIONA O PIANO
                                    

Son moitos  e moitas os fantásticos pianistas os que temos hoxe en día , e que non daríamos citado, pero un dos mellores é sen dúbida Lang Lang


LANG LANG

jueves, 26 de marzo de 2020



HOXE IMOS FACER TOD@s, O ALUMNADO,  INCLUSO AS FAMILIAS, UN PEQUENO TUTORIAL E TRABALLO  NA  CASA




Algúns músicos da Banda de Silleda preguntáronse que facer tras suspenderse os ensaios e xurdiu a idea de gravar un vídeo. Ao director, Rafael Agulló, coordinou os arreglos da partitura. Non podía ser outra canción que o himno contra o coronavirus, o Resistirei do Dúo Dinámico. Lanzouse a idea con certo escepticismo e case de broma, pero ao final foron máis da metade da formación, case medio centenar de músicos, os que se uniron ao reto. Todos se inmortalizaron en vídeo de forma individual, con dous teléfonos móbiles, un para seguir a claqueta musical e o outro para a imaxe.





Despois de escoitar as  distintas familias de instrumentos da Banda de Silleda, deberedes  indentificalos. Para axudarvos  na tarefa, amósovos un pequeno  vídeo sobre os instrumentos  da  orquestra sinfónica. 





miércoles, 25 de marzo de 2020




DISFRUTADE DA MÚSICA


A música é, segundo a definición tradicional do termo, a arte de organizar sensible e lóxicamente unha combinación coherente de sons e silencios respectando os principios fundamentais da melodía, a harmonía e o ritmo, mediante a intervención de complexos procesos psicoanímicos. Pero é  moito máis que iso, a música pode cambiar  o mundo, onde as palabras fallan, fala  a música. Unha linguaxe universal, cuxos  elementos e patróns   e son as claves da aprendizaxe. 
Por iso, acerquémonos a ela, conozcamos e   estudemos  o Ritmo, a Melodía e a Harmonía, fagamos arte todos xuntos. Que viva a música e a vida.

domingo, 22 de marzo de 2020

"A LUZ DA MÚSICA" SERÁ A FERRAMENTA DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA DO IES DE BECERREÁ   PARA AFRONTAR A CRISE DO CORONAVIRUS.








Benvidos  a todo o alumnado de música do centro, espero que este Blog nos sirva ademáis de apender e traballar xuntos, a disfrutrar da música coma sempre o facemos na aula. Será imposible non botarvos de menos a todas e todos. Espero que todo isto pase pronto e que podamos tocar nas clases todos xuntos.
Un abrazo, e moito ánimo da vosa  profe que vos quere moito.


A voz humana, un instrumento extraordinario. PREME AQUÍ;para escoitar a prodixiosa vos de DIMASH KUDAIBERGEN, que abrangue a tes...